Por Viveiro reúnese con empresas do porto de Celeiro para coñecer de primeira man o estado do sector

TerraChaXa | AMariñaXa
Unha representación da candidatura de POR VIVEIRO, formada por Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Daniel Hermida, visitaron esta mañá as instalacións da empresa Puerto de Celeiro.
17 Maio 2019

Unha representación da candidatura de POR VIVEIRO, formada por Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Daniel Hermida, visitaron esta mañá as instalacións da empresa Puerto de Celeiro. O obxecto da reunión era coñecer de primeira man o estado do sector pesqueiro, así como as súas necesidades.

Na reunión participaron José Novo, Presidente, Sergio Blas, Director Xeral, Jesús Lourido, respolsable de flota e o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Celeiro, Domingo Rey.

A saída da reunión Bernardo Fraga comprometeuse a colaborar man a man co sector pesqueiro de Celeiro co obxectivo de fortalecer as relacións co Concello e tendeu a man a unha colaboración permanente.

Así mesmo, en declaracións aos medios indicou “unha das necesidades básicas de Viveiro é a reparación do emisario submarino comprometido en numerosas ocasións, e que leva anos vertendo na ría sen control, así coma o dragado dos accesos ao porto.

Ademais, entre outras propostas programáticas, analizamos a posibilidade da creación de visitas guiadas á lonxa, para que turistas e visitantes podan coñecer de primeira man, o traballo que se leva adiante nas instalación de Celeiro.

0.18593120574951