Por Viveiro propón que o antigo Centro Comarcal de Viveiro sexa a Casa da Cultura e da Xuventude

TerraChaXa | AMariñaXa
6 Maio 2019

Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Viveiro polo partido independente POR VIVEIRO, xunto con Ana Gómez, Jesús Romeo, Paula Insua e Dani Hermida, compareceron esta mañá fronte o edificio do antiguo Centro Comarcal de Viveiro.

Os independentes propoñen que o edificio sexa destinado a CASA DA CULTURA E DA XUVENTUDE. Bernardo Fraga declarou esta mañá “Viveiro necesita un centro cultural de referencia, onde se organicen todo tipo de actividades durante todo o ano, aberto a todas as veciñas, veciños e visitantes”

“Este centro pode acoller, actividades culturais de todo tipo dende exposicións permanentes ou temporais, charlas, coloquios, debates ou conferencias” “Así mesmo, a súa dimensión permite adicar parte do espazo a actividades dirixidas directamente á xuventude”

Por Viveiro, indica que é lóxico que o edificio se adique ao fin para o que foi concebido, que non é outro que espazo de exposición e cultura.

Este uso para o edificio, xa foi aprobado no Pleno Municipal a instancias dos concelleiros non adscritos, pero o Goberno Municipal Socialista, que non non foi de poñelo en funcionamento durante o presente mandato.

0.13912296295166