Por Viveiro propón melloras na seguridade no proxecto de reforma da estrada LU-540
O Grupo Municipal de Por Viveiro trasladará unha nova proposta para a súa aprobación en pleno que consiste na reforma da estrada LU-540.
"A Xunta de Galicia ven de presentar o proxecto de reforma da estrada LU-540, estrada que comunica Viveiro coa autovía AG-64 en Cabreiros", din dende o grupo municipal. A reforma desta estrada e importante para a mellora nas condicións do trafico que comunica Viveiro coas principais cidades de Galicia e tamén co interior do estado, "aínda que non colma as aspiracións dos veciños do noso concello de contar cunha vía de alta capacidade para a principal vía de comunicación de entrada e saída da cidade e atenúe o déficit de infraestruturas de Viveiro e dos concellos da Mariña Occidental".
As principais melloras presupostadas en 13,4 millóns de euros son os sete novos carrís de adiantamento, cinco en dirección a Cabreiros e dous en dirección a Viveiro, estes novos tramos con posibilidade de adiantamento que suman un total de 4,6 kilometros, rectificación nalgunhas curvas, melloras de seguridade nos cruces e reforzamento do firme nos 35 kilometros do proxecto dende o kilometro 5 ata o 39,5.
Por iso dende Por Viveiro propoñen que na inserción coa estrada LU-161 en Landrove, ten pouca visibilidade "o que tamén aplica nos cambios de sentido en dirección Viveiro, sendo este o principal punto de risco de accidente da LU-540".
Tamén falan da rotonda de acceso o polígono industrial de Landrove, "e moi escasa e os camións teñen dificultades para realizar a maniobra, "solicitamos a inclusión no proxecto de reforma das melloras necesarias que faciliten a accesibilidade do trafico pesado ao polígono".
Por outra banda, en Mosende no Concello de Ourol, actualmente a estrada está limitada a 50 km/h , manténdose esta limitación no proxecto de reforma da estrada, "solicitamos as melloras necesarias que posibiliten a eliminación do limite de velocidade e permita circular a 90 km/h en todo o traxecto entre os puntos kilometricos 5 e 39,5".