Por Viveiro propón ampliar a tempada de praia ata o 30 de setembro
Por Viveiro presentará no próximo Pleno unha serie de medidas para o relanzamento do turismo. A primeira desas medidas é estender o uso horario das praias con todos os servizos en funcionamento ata o 30 de setembro e para os anos vindeiros, establecer as datas comprendidas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro como tempada de uso e desfrute das praias.
Ademais, propoñen a instalación dun letreiro co nome de Viveiro nos Xardíns Noriega Varela, conforme á proposta, co obxectivo da difusión turística do nome da nosa Cidade nas diferentes redes
"O sector turístico e un dos eixes fundamentais da economía do concello de Viveiro, sendo prioritaria a recuperación do mesmo, dada a súa incidencia na hostalería, no comercio e no conxunto do sector servizos en xeral. Neste sector, cada vez mais competitivo, moitos concellos de Galicia ofertan o uso e desfrute das praias dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, con accesos en óptimas condicións e tódolos servizos en funcionamento: socorristas, limpeza, contedores, papeleiras e duchas", indican.
Engaden que no caso do concello de Viveiro, catalogado como de excelencia turística, esta oferta redúcese a dous meses, o espazo de tempo comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Este feito ocasiona que Viveiro compita en inferioridade de condicións en relación os concellos que ofertan tamén os meses de xuño e setembro.
"Valoramos positivamente que Viveiro conte cunha importante rede de establecementos de hostalería, rede que será moito mais competitiva si se logra desestacionalizar o turismo e non limitalo unicamente os meses de xullo e agosto", afirman.
Insisten en que, en numerosas vilas e cidades a nivel mundial, colócanse en lugares estratéxicos grandes paneis ou valados co nome da cidade. ·Dende o noso grupo municipal, realizamos a proposta de instalar unhas letras co nome de Viveiro, nos Xardíns Noriega Varela, realizadas nun material e nun tamaño acorde co entorno no que se ubicarían, ao carón da Porta de Carlos V. (Xuntamos imaxe da proposta). Co obxectivo de que veciñas, veciños e visitantes, podan tomar as súas fotografías, para logo difundilas a través das redes sociais, o que suporía unha publicidade turística enorme, cun custo moi reducido", di.