Por Viveiro presentou a súa candidatura para as eleccións

AMariñaXa
Bernardo Fraga, foi elexido por unanimidade na reunión de Por Viveiro, celebrada este sábado, como candidato á Alcaldía de Viveiro
bernardo fraga por viveiro 203
29 Abr 2023

Por Viveiro presentou a súa candidatura para gobernar Viveiro a partir do 28 de maio.  Os independentes de por Viveiro, renovan a metade da súa candidatura, que representa a gran parte do tecido social, deportivo, cultural e empresarial do Concello de Viveiro.

Bernardo Fraga, Candidato á Alcaldía declarou trala presentación “Estou orgulloso do noso equipo. Está formado por persoas de todos os ámbitos da vida social, cultural, deportiva e empresarial de Viveiro, con capacidade de xestión, e preparadas para asumir o Goberno Municipal a partir do vindeiro 28 de maio”

“Logo de 20 anos de goberno do PP e 20 anos de goberno do PSOE, é o momento do cambio para recuperar o tempo perdido e saír desta senda de decadencia na que estamos instalados”

“O 28 de maio, as nosas veciñas e veciños poden elixir entre as candidaturas dos partidos tradicionais, que nos levaron a actual situación, ou unha candidatura local, de veciñas e veciños comprometidos con Viveiro, libres, e dispostos a traballar sen descanso para que o noso Concello teña futuro”.

LISTA

1. Bernardo José Fraga Galdo
2. Manuel Galdo Dopico
3. Carmen Paula Insua López
4. Bernardo Regal Dovale
5. Lucía López Pereira
6. Oscar Lara Gil
7. Roberto Cruz Dopico
8. Teresa Mercedes García Martínez De Tejada
9. Manuel Insua Díaz
10. Elena María López Galdo
11. Jose Luis Moñita Martín
12. Goretti González Orol
13. Indalecio Orosa Vázquez
14. María Pal
15. José Ramón González López
16. Jose Luís Fraga Castiñeiras
17. Noa Pardo Rivera
Suplentes:
1. Alberto Pigueiras Leal
2. Carmen Soto Ricoy
3. Marco Antonio Chao Palmeiro
4. Alfredo Fernández Castro
5. Eva Trigo Sanjurjo
6. Ivan Castro Cora
7. María Josefa López Rodríguez

0.19703912734985