Por Viveiro presentará varios rogos no Pleno municipal sobre limpeza, o PXOM e os camiños escolares seguros
Por Viveiro presentará varios rogos no Pleno municipal sobre diferentes temas de actualidade que preocupan ao partido municipal.
O primeiro deles é sobre as xestións necesarias para o arranxo completo do Calexón do Muro, unha das rúas mais típicas de Viveiro e que mantén un encanto especial, "atopase nun estado lamentable debido as numerosas pintadas que afectaban a practica totalidade dos inmobles, agora estamos na fase de decapado, porén o estado da rúa dista moito de ser o desexado", din.
Como segundo punto rogan ao equipo de Goberno a explicación de si a día de hoxe segue considerar a implantación de Camiños escolares seguros para o ceip Lois Tobio pois trala sinatura do convenio na primavera de 2023 "o curso xa comezou e nada se ten feito".
Por último pedirán explicacións no Pleno dos avances na tramitación do PXOM dende a última reunión realizada pola comisión de seguemento do mesmo, así como piden que se indiquen a previsión públicamente dos prazos para a súa aprobación provisional. Tamén piden que se traslade esta moción á Axencia Galega de Infraestruturas e á Presidencia da Xunta de Galicia co obxeto que teñan coñecemento da situación de parálise urbanística á que "teñen sometido ao noso Concello, grazas ao retraso e as trabas constantes para a emisión dos informes sectoriais do PXOM de Viveiro".