Por Viveiro presentará unha moción para instar o Goberno do Estado á mellora das estradas da Mariña

AMariñaXa
Bernardo Fraga, de Por Viveiro, presentará ao Pleno unha moción para instar o Goberno do Estado a melora das estradas da Mariña.
viveiro letras xardins noriega varela
23 Jan 2023

Bernardo Fraga Galdo, portavoz do grupo municipal de Por Viveiro, presentará ao Pleno municipal de Viveiro unha moción para instar o Goberno do Estado á mellora das estradas da Mariña.

"Nos últimos días, o xa coñecido déficit na comunicación por estrada na Mariña Central e Occidental, vén a padecer o que se pode calificar como a tormenta perfecta", di Fraga. O corte o trafico da estrada N-642, debido o socavón na entrada de Burela dende Foz, supuxo que os usuarios da devandita estrada soportasen importantes demoras nos seus desprazamentos, con elevado impacto social e economizo para unha comarca de 70.000 habitantes.

O desvío provisional por Rúa, autorizado nun principio, foi cerrado posteriormente debido as malas condicións de seguridade, fundamentalmente para o trafico de camións e autobuses, quedando como única alternativa de comunicación a estrada LU 161 que conecta Viveiro e Ferreira.

"En Por Viveiro xa temos presentado mocións e rogos demanda construción da Autovía A-74, que comunicaría Barreiros con San Cibrao, as nosas propostas caeron en saco roto, e ano tras ano vemos como os orzamentos do estado se esquecen desta obra. Consideramos esperpéntico e lamentable que unha rotura na N-642 deixe practicamente incomunicada toda a Mariña, por carecer de alternativas rápidas e seguras por estrada", di o voceiro.

Así, o grupo municipal pedirá instar o Goberno central a unha rápida reparación da N-642 que posibilite a recuperación total do trafico na mesma, e a activación da construción da autovía A-74 para paliar o importante déficit nas comunicación por estrada na Mariña Central e Oriental.

Tamén trasladará esta moción a tódolos concellos da Mariña e tamén á Mancomunidade de concellos, para que valoren solicitar o Goberno central o cumprimento das anteriores medidas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18148994445801