Por Viveiro presentará no Pleno unha moción para o reimpulso do PXOM

AMariñaXa
Por Viveiro presentará no próximo Pleno unha moción para o reimpulso da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Viveiro.
viveiro letras xardins noriega varela
15 Oct 2022

Por Viveiro presentará no próximo Pleno unha moción para o reimpulso da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Viveiro.

Segundo os concelleiros Bernardo Fraga e Manuel Galdo "no pasado mes de agosto do ano 2019, aprobamos por unanimidade de todos os grupos políticos desta Corporación unha moción de Por Viveiro para o impulso do PXOM do noso Concello". Nesa reunión solicitaron ademais reunións de seguemento do PXOM de Viveiro.

"Viveiro atópase nunha situación urbanística que non pode continuar por máis tempo. O noso Concello está perdendo o tren do crecemento e a rehabilitación urbana, tren no que si que se atopan concellos do noso entorno", din os concelleiros, "no ano 2006, suspendéronse con acerto as Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Viveiro, que levaban ao noso Concello a un crecemento desproporcionado e completamente desordenado. As normas realizadas no ano 1978 provocaron a situación na que nos atopamos na actualidade".  

"O Decreto 102/2006 coas modificacións introducidas no Decreto 89/2010 rexen na actualidade o urbanismo de Viveiro. Estas normas están configuradas de forma temporal, mentres non se aprobaba o PXOM por parte do noso Concello", engaden.  

Dende a aprobación do Decreto 102/2006 pasaron 13 anos, tempo no que se realizou a aprobación inicial do PXOM o 14 de abril de 2011. Esta aprobación inicial supuxo a apertura dun período de alegacións, foron moitas as veciñas e veciños, "que presentaron alegacións que a día de hoxe 8 anos despois, seguen sen resposta. A resposta ás alegacións é de obrigado cumprimento para poder chegar ao seguinte paso de aprobación provisional do PXOM, e aínda está pendente", din dende Por Viveiro.  

Durante os últimos anos, primeiro as trabas da Dirección Xeral de Patrimonio e logo as de Augas de Galicia, "xunto con certo desinterese do Goberno Municipal, “retrasaron” a aprobación provisional do PXOM".  

Son moitas as veciñas e veciños, que viron durante estes anos truncados os seus desexos de utilizar as súas parcelas para os usos urbanísticos habituais. 

A día de hoxe, en outubro do ano 2022, "xa pasaron 16 anos dende a suspensión das normas urbanísticas de Viveiro e a aprobación do primeiro dos decretos provisionais, e a súa modificación posterior no 2010. Dende aquela todo sigue igual, e o concello nin sequera lle propuxo á Xunta de Galicia en ningún momento unha suavización das restriccións impostas polos decretos da Xunta", remanta dicindo.  


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16438102722168