Por Viveiro preguntará ao Pleno sobre as futuras pistas de atletismo
O Grupo Municipal Por Viveiro vén de informar que presentará unha nova pregunta ao Pleno da corporación sobre as futuras pistas de atletismo de Viveiro.
"Cada vez que Adrián Ben, Fillo Predilecto de Viveiro, gaña un título ou acada un bo resultado nas competicións de atletismo, todo Viveiro se pregunta polas pistas de atletismo", di Bernardo Fraga, voceiro de Por Viveiro. "Vistas as numerosas promesas en materia deportiva, e os nulos avances na materia de infraestruturas deportivas durante este último mandato, e por isto que preguntamos".
Así, os viveirenses preguntarán se o equipo de Goberno ten garantida algunha partida económica para a realización das pistas de atletismo, ben sexa da Deputación ou do Goberno do Estado, e se ten coñecemento da existencia dalgunha partida económica por parte da Xunta de Galicia e se o PP local ten feito algunha xestión neste aspecto para conseguila?.