Por Viveiro pide reparar as beirarrúas da estrada LU-540 dende Xunqueira ata Magazos

TerraChaXa | AMariñaXa
O voceiro de Por Viveiro, presenta ao pleno unha moción para a reparación das beirarrúas da estrada LU-540 no tramo de Xunqueiro ata Magazos.
Captura de pantalla 2020 07 04 a las 10.29.47
16 Nov 2020

Bernardo Fraga Galdo, voceiro do Grupo Municipal de Por Viveiro, presenta ao pleno da corporación municipal de Viveiro unha moción para a reparación das beirarrúas da estrada LU-540 no tramo de Xunqueiro ata Magazos.

Segundo Fraga, "as beirarrúas da estrada LU-540 dende a zona de Xunqueira ata Magazos, limite da zona urbana, amosan un estado lamentable, un gran número de fochancas, firme moi deteriorado ou nalgúns casos inexistente".

"O estado actual das beirarrúas ocasiona riscos de seguridade para os veciños que as utilizan de xeito habitual, téndose xa producido varias caídas. En definitiva a imaxe deste tramo da LU-540, unha das vías de entrada e saída da cidade mais utilizadas, e moi mellorable", así, "pedimos que se acometa con cargo ao orzamento de 2021 a reparación das beirarrúas da LU-540 dende Xunqueira ata o limite da zona urbana en Magazos, ou ben incluír este arranxo nos acordos de colaboración do Concello con outras administracións", di o voceiro viveirense.

0.16256213188171