Por Viveiro pide que se arranxe o parque infantil da praza Jacinto Calvo
AMariñaXa
Pídenlle ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para o seu arranxo
13 Jan 2025
O grupo municipal de Por Viveiro vén de informar sobre as deficiencias parque infantil praza Jacinto Calvo, polo que presentarán un rogo no vindeiro Pleno.
"O parque infantil da praza Jacinto Calvo, parte posterior da igrexa de San Francisco, leva un tempo baixo mínimos, con parte do equipamento fora de servizo ou literalmente desaparecido, como se pode ver na imaxe que se xunta. Feitos que dificultan e minimizan as posibilidades de uso e desfrute deste parque infantil", di o independente Manuel Galdo Dopico.
Así, pídenlle ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a o arranxo das devanditas deficiencias do parque infantil.