Por Viveiro pide a creación de tramos de preferencia peonil en varias rúas
AMariñaXa
Por Viveiro pide a creación de tramos de preferencia peonil nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello
2 Out 2021
O grupo municipal Por Viveiro pide a creación de tramos de preferencia peonil nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello.
"Estas rúas son moi utilizadas, de xeito peonil , pola veciñanza das citadas rúas e tamén pola dos barrios de Verxeles e de Xunqueira", di o voceiro municipal Bernardo Fraga Galdo.
"No canto o trafico rodado, estas rúas son de sentido único de circulación, dende o comenzo da rúa Alonso Pérez ata o remate da rúa Camiño Vello, intersección coa estrada LU-540", engade, "hai varios tramos destas rúas que carecen de beirarrúa, debido a sua escasa anchura, este feito ocasiona riscos de seguridade, cando a convivencia entre peóns e automobilistas no e todo o boa que debera ser".