Por Viveiro pedirá melloras na estrada entre Escourido e a praia da Abrela
O Grupo Municipal de Por Viveiro trasladará unha nova proposta para a súa aprobación en pleno que consiste na mellora da estrada entre Escourido e a praia da Abrela.
"Estes días produciuse na estrada entre Escourido e a Abrela unha saída de vía dun vehículo, afortunadamente sen danos persoais", din dende o grupo municipal, "no último ano, e segundo nos informan os veciños téñense producido outras saídas de vía, e moitos sustos debido ao estreito da calzada. A pavimentación da mesma provoca unha desnivel importante entre a calzada e a cuneta, e o trazado non conta con biondas de protección para as posibles saídas de vía".
Dende Por Viveiro roga ao equipo de goberno, que tome as medidas de seguridade necesarias na citada vía a fin de evitar novos accidentes.