Por Viveiro di que o miradoiro de aves da Xunqueira está abandonado
AMariñaXa
O voceiro de Por Viveiro, Bernardo Fraga Galdo, di que o miradoiro de aves situado no paseo de Xunqueira a Portochao atópase abandonado
3 Xan 2022
O voceiro de Por Viveiro, Bernardo Fraga Galdo, vén de comunicar que o miradoiro de aves situado no paseo de Xunqueira a Portochao atópase totalmente abandonado e cheo de pintadas.
"O paseo é concurrido por veciños e visitantes e ademais entre as pintadas existen algunhas de odio contra o colectivo LGTBIQ. Entendemos que estas mensaxes deben ser eliminadas de inmediato do noso Concello", di Fraga.
"E por isto que rogamos ao equipo de Goberno que proceda ao inmediato pintado e adecentamenro do mirador de aves para que cumpra a súa función e elimine as pintadas de odio existentes", rematou dicindo.