Por Viveiro denuncia malos cheiros na avenida García Doriga

AMariñaXa
Por Viveiro denuncia que os contedores do lixo da avenida levan meses emitindo un cheiro nauseabundo, feito que se acentúa nos meses de verán
Contedores-do-lixo-na-avenida-García-Doriga
30 Ago 2024

Por Viveiro denuncia que os contedores do lixo da avenida García Doriga levan meses emitindo un cheiro nauseabundo, feito que se acentúa nos meses de verán, que resulta moi molesto para os veciños e veciñas que residen na devandita avenida e tamén para os que transitan por ela.

Por iso, rogan ao equipo de Goberno a explicación en pleno de que medidas pensa tomar para a eliminación destes feitos e para que non se volvan a producir no futuro. Lembran tamén que a Fonte do Cadafalso, ademais de ser unha das mais emblemáticas do concello, presta un importante servizo a toda a veciñanza da súa contorna, leva practicamente todo o mes de agosto sen botar auga polos seus canos. Así pedirán as explicación en pleno das causas que provocaron que a fonte non bote auga e sobre as xestións realizadas para que a fonte volva a estar operativa e dos motivos de tanta demora.

0.10900092124939