Por Viveiro demanda a roza urxente en tramos do Camiño Real de Vieiro

AMariñaXa
Afirman que teñen abondosa maleza, feito que fai que estes tramos sexan practicamente intransitables
Manuel-Galdo-Por-Viveiro-2023
8 Xuño 2024

Manuel Galdo Dopico, concelleiro do Grupo Municipal de Por Viveiro presenta a pleno a proposta para dotar da sinalización proposta ó aparcadoiro do pavillón municipal de deportes. Aseguran que o espazo unicamente conta con sinalización horizontal na zona de aparcamento destinada a autocaravanas.

O resto do aparcadoiro carece de sinalización que delimite as prazas para os outros tipos de vehículos e tamén de sinais indicativas da entrada, saída e sentidos de circulación, estes feitos fan que en días de alta ocupación se poidan producir situacións de risco para os usuarios.

Tamén solicitan ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a roza urxente dos tramos da Estacada á Granxa e da Xota ata pouco antes da escola, no Camiño Real de Vieiro. Afirman que teñen abondosa maleza, feito que fai que estes tramos sexan practicamente intransitables.

0.20461320877075