Por Viveiro convoca a veciñanza a unha xornada de reflexión sobre a situación do municipio

AMariñaXa
Os independentes de Por Viveiro, convocan a todas as veciñas e veciños, que apoiaron a candidatura ou que queiran opinar sobre as decisións adoptadas pola formación independente a un acto público.
por_viveiro_agrupacion
20 Abr 2024

Os independentes de Por Viveiro, convocan a todas as veciñas e veciños, que apoiaron a candidatura ou que queiran opinar sobre as decisións adoptadas pola formación independente a un acto público. Terá lugar este xoves 25 de abril de 2024 ás 20.00 horas no Conservatorio de Música de Viveiro.

No acto, que levará por título “Viveiro, e agora que?”, pretenden activar un proceso de escoita activa e reflexión sobre a situación política de Viveiro e as decisións adoptadas pola formación independente dende  as pasadas eleccións municipais.

Bernardo Fraga, o portavoz municipal da formación, declara que queren “escoitar de forma directa a opinión de todas as persoas que desexen compartila con nós, para avaliar e reflexionar sobre as decisións que adoptamos dende o pasado mes de maio de 2023”.

Así mesmo, os independentes aproveitaron a presentación para lembrarlle ao Goberno Municipal formado por PSOE e BNG, a necesidade de aprobación dos orzamentos de forma inmediata. No momento que se produzan avances no cumprimento dos acordos de investidura establecidos entre goberno actual e grupo, facilitarán a aprobación dos mesmos de forma inmediata. Ata o momento, pasaron catro meses, dende que o pleno rexeitara as contas para o 2024, e os independentes seguen agardando avances reais e definitivos.

0.12992405891418