Por Viveiro chegou a un acordo coa Fundación Olidis para a creación dun centro especial de emprego de acopio de aceite

AMariñaXa
Por Viveiro chegou a un acordo coa Fundación OLIDIS para a creación dun centro especial de emprego de acopio de aceite
bernardo fraga por viveiro 203
26 Maio 2023

Por Viveiro chegou a un acordo coa Fundación Olidis. Un Centro Especial de emprego con sede en Santiago de Compostela e que vai contratar a máis de 700 persoas en toda Galicia para o seu proceso produtivo.

Por Viveiro, coñecedor do proxecto, reuniuse coa dirección para coñecer os plans para Viveiro e a súa contorna, conseguido o compromiso de ter en Viveiro un centro de Acopio de aceite Olidis, que terá 10 postos de traballo. A Fundación Olidis, recicla aceite usado e fai I+D+I, ten unha cátedra propia e ten presencia ademáis en Portugal. Trátase dunha iniciativa social, de impulso da economía circular, que pretende ocupar todo o territorio e transformar o aceite doméstico usado, en novos produtos con valor diferencial.

“O claro exemplo de que con vontade política e ilusión por mellorar Viveiro é o acordo con Olidis. Coñeciamos o proxecto e reunímonos con eles para buscar a posibilidade de que o seu centro na zona estivara en Viveiro, e comprometéronse a que así sexa” declarou Fraga.

EMPRESAS

Por Viveiro aposta pola creación dun plan de captación de empresas, un coworking municipal e unha lanzadeira de empresas” Hoxe visitamos a sede de NORVOZ, un exemplo de empresa tecnolóxica con sede na nosa cidade e que da servizo de telecomunicacións a distintos puntos de Galicia, España e do resto de Europa dende Viveiro.

“Viveiro debe poñer en valor as empresas do noso municipio, axudarlles a formarse, medrar e dar mellores servizos, posto que temos moi claro, que a xente reside alí onde traballa, e para que Viveiro medre son precisos novos postos de traballo que fixen poboación no noso Concello” declarou o candidato á Alcaldía.

0.12972903251648