Por Viveiro apostará por reformar as pistas deportivas da explanada do casino

TerraChaXa | AMariñaXa
Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Viveiro polo partido independente POR VIVEIRO, xunto con Manuel Galdo, Dani Hermida, Elena López e Manuel Ínsua, visitaron esta mañá o entorno do Casino de Viveiro.
15 May 2019

Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía de Viveiro polo partido independente POR VIVEIRO, xunto con Manuel Galdo, Dani Hermida, Elena López e Manuel Ínsua, visitaron esta mañá o entorno do Casino de Viveiro.

Os independentes pudieron observar in situ o abandono no que está sumido a zona, coas pistas desfeitas e valados en mal estado.

Na comparecencia ante os medios Bernardo Fraga declarou “é evidente a necesidade que ten Viveiro de ter unas pistas deportivas públicas para uso e disfrute de todas e todos, no entorno do centro urbano”.“As mozas e mozos de Viveiro teñen que ter unha zona para o seu uso e disfrute e o espazo existente na zona do casino é o lugar idóneo. O acondicionamento do entorno incrementaría as prazas de aparcamento existentes, e sería posible crear unha zona verde na zona máis próxima ao río”

Ademais, os independentes indicaron, que as pistas deportivas serían de uso e disfrute gratuito para todas as veciñas e veciños, e o control de accesos realizaríase dende a Casa da cultura e xuventude situada no antiguo centro comarcal de Lodeiro.

Finalmente Bernardo Fraga indicou “A mocidade de Viveiro ten que ter instalacións deportivas e de ocio de primeiro nivel, e para nós esta cuestión será unha prioridade”

0.15363812446594