Por Viveiro convocará ao PP a una reunión formal para dar conta da súa proposta de Goberno

AMariñaXa
“O Goberno de Viveiro, anunciou na investidura, diálogo e participación, pero era mentira, ao igual que o cumprimento do Pacto asinado", sinalan
por-viveiro-24
19 Jan 2025

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos municipais a raíz da súa proposta para a formación dun goberno de concentración, que deixara de lado intereses partidarios, e puxera Viveiro por diante.

A sorpresa do grupo local, "é que a día de hoxe, tan só o Partido Popular se puxo en contacto vía telefónica, para coñecer a súa proposta".

"O PSOE simplemente publicou unha nota vendendo fume coas nulas accións de goberno deste ano e medio e non deu resposta a se quere seguir gobernando con 5 concelleiros, en coalición do BNG e en minoría", engaden os independentes.

O BNG, declinou, a través da súa portavoz, e publicou un vídeo dende as instalacións municipais, "atacando ao noso portavoz, unha vez máis de forma persoal". "A portavoz do BNG, cando non ten argumentos válidos, só sabe atacar aos demais deste xeito, e a maioría das veces, con mentiras, simplemente para ocultar, o seu cambio de postura con María Loureiro.  Venderse politicamente e negar o traballo dos catro anos que estivo na oposición por un cargo no goberno, e un salario de máis de 40.000 € anuais.  Así mesmo en diversas declaracións nos medios, indicou que non habería represalias para Por Viveiro, o que os independentes nos preguntamos “¿a que represalias se refire a Portavoz do BNG? ¿É unha ameaza para a nosa formación política? ¿E esta a forma de facer política deste BNG?", sinalan desde o grupo de Por Viveiro.

Os independentes de Por Viveiro, anuncian polo tanto, que convocarán ao PP de Viveiro a una reunión formal, para dar conta da súa proposta, e escoitar as súas impresións a cerca da mesma.

Por outro lado,"como forza aberta e con capacidade de diálogo, estamos dispostos a manter reunións cos partidos do actual goberno local, sempre e cando así nolo fagan saber os seus representantes, que tanto falan de diálogo e participación, pero que á hora da verdade, non a exercen".

0.12543201446533