Por Nuestro Faro crea unha nova campaña de concienciación pola illa Pancha

AMariñaXa
Covadonga Suárez, presidenta de Por Nuestro Faro de Ribadeo, vén de comunicar da creación dunha nova campaña de concienciación
a illa pancha é do pobo cartel
27 Xul 2022

Covadonga Suárez, presidenta de la Asociación de Veciños Por Nuestro Faro de Ribadeo, vén de comunicar da creación dunha nova campaña de concienciación "na que esperamos implicar ao maior número de persoas posibles".

Así, como fixeron os defensores da illa da Creba, na Coruña, co apoio do BNG están levando unha importante iniciativa nos medios e no Parlamento para a súa recuperación pública, por iso dende a plataforma ribadense solicitan "o mesmo apoio e unha xestión local, unha protección real e un uso público para a illa Pancha".

"O pobo está no seu dereito de reclamar o seu patrimonio natural, histórico e cultural, como parte integrante da súa identidade. En consecuencia, debe poder contar co apoio político de quen está en medida de garantir e protexer o dereito ao público, porque, ademais, comprometéronse a facelo fronte aos cidadáns", remata dicindo Suárez.

0.14244318008423