Ponse en marcha en Ribadeo un punto de actualización da documentación

AMariñaXa
Facilita o acceso á administración pública, permite realizar xestións sen cita previa aforrando tempo e é accesible para persoas con mobilidade reducida ou discapacidades visuais
tramite-on-line-ribadeo-dni
20 Oct 2025

Ribadeo conta cun punto de actualización de documentación, que se atopa situado no Concello.
A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “Ribadeo conta con un PAD, que é un punto de actualización do DNI ou punto de actualización de documentación. É un dispositivo similar a un caixeiro automático instalado no Concello de Ribadeo que permite aos titulares do DNI electrónico consultar e xestionar a información do seu chip, como renovar o seu certificado dixital ou cambiar a súa clave de acceso sen necesidade de cita previa”.

A edil ribadense declarou: “qué trámites se poden realizar nun PAD? Renovar o certificado dixital do DNI, que é necesario para realizar trámites seguros en liña, cambiar a clave de acceso do DNI electrónico, xérase de forma aleatoria ou expedir o DNI e pódese modificar no PAD, consultar os datos do chip do DNI electrónico”.

Montse Seijo referiuse á súa utilidade: “Porque facilita o acceso á administración pública, porque permite realizar xestións sen cita previa aforrando tempo e é accesible para persoas con mobilidade reducida ou discapacidades visuais. E recordamos que se atopa na entrada do Concello de Ribadeo”.

⚙ Configurar cookies
0.070307016372681