Ponse en marcha en Mondoñedo unha nova edición dos Encontros Álvaro Cunqueiro
Está en marcha unha nova edición dos Encontros Álvaro Cunqueiro que, no presente ano, chega á súa terceira edición, converténdose así nunha cita de referencia dentro dos Cursos de Verán da USC. Os III Encontros, organizados pola USC, contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.
A nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas.
Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño. Máis información sobre os cursos nos teléfonos 881 811 018 e 881 811 103 (de Santiago) ou 982 821 513 (de Lugo) e no e-mail cursosdeveran@usc.gal
Tamén se pode acceder a través da web da Universidade de Santiago, na sección de universidade de verán: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro queren convidar a que se matriculen e participen neste curso de verán a todos e todas os Cunqueirófilos, pois ben seguro que gozarán do mesmo ao achegarse e coñecer, un pouco máis, a este noso mindoniense universal.