Poñen en marcha no Valadouro un espazo compartido para os produtores locais

AMariñaXa
A actuación consistirá no acondicionamento dunha aula para facer unha sala de envasado de produtos vexetais
Xunta de Goberno pilar garcia porto
10 Xuño 2024

No marco do programa ...E para vivir Lugo a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu o visto bo a unha colaboración co Valadouro –un dos concellos pilotos do proxecto- para a posta en marcha dun espazo compartido para os produtores locais.

A actuación consistirá no acondicionamento dunha aula para facer unha sala de envasado de produtos vexetais e o seu equipamento e o acondicionamento dun faldón da cuberta da escola de agricultura ecolóxica. A institución investirá para esta actuación un total de 32.535 euros e o Concello do Valadouro cofinanciará o proxecto con outros 3.769,99 euros.

0.14490008354187