Poñen á venda solo industrial bonificado en sete concellos da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
O DOG publicou a resolución pola que se anuncia un novo concurso de venda de solo empresarial con bonificacións de ata o 50%.
210708 concurso solo IGVS 2021
13 Jul 2021

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución pola que se anuncia un novo concurso de venda de solo empresarial con bonificacións de ata o 50% nos parques que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Serán en total 116 parcelas que suman unha superficie de preto de 282.000 metros cadrados e se distribúen en 17 polígonos. Deses, 82 parcelas están en sete concellos da provincia de Lugo, que supón algo máis de 138.000 metros cadrados,

Cómpre subliñar que este é o segundo concurso que convoca o Goberno galego este ano co fin de mobilizar o solo industrial que ten dispoñible nos seus parques e facilitarlles así ás empresas que queiran asentarse na Comunidade ou ampliar as súas instalacións, terreos urbanizados e en localizacións axeitadas ás súas necesidades.

En caso de que algún dos terreos dispoñibles non se venda no marco do concurso, aclarou que o IGVS poderá adxudicalos de forma directa e respectando sempre as condicións orixinais ou ben asignalos na modalidade de dereito de superficie, é dicir, a cambio do pagamento dun canon anual moi reducido con opción de compra.

Na Mariña só Lourenzá ten aberto este concurso con seis parcelas á venda, situación similar na Terra Chá, onde é Xermade o único Concello con oferta, concretamente 12 parcelas.

Na zona Centro, Monterroso é o Concello con máis parcelas á venda, concretamente 22, o que supón. un prezo bonificado total de máis de 1,6 millóns de euros.

No Sur son Bóveda, Quiroga, Taboada e Monforte os tres que teñen terreos en concurso, 9 parcelas na localidade aceitera e 13 en cada un dos outros. A Bóveda correspóndenlle 6 parcelas.

Todos eles teñen unha bonificación do 50%


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17567920684814