Política Social visita o centro de día de menores de San Aníbal
AMariñaXa
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de menores San Aníbal.
23 Mar 2022
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de menores San Aníbal e mantivo un encontro con representantes da Asociación de centros de menores de Galicia (Agaceme).
Nesta reunión abordáronse diferentes temas relativos á atención e á protección de menores. Entre eles destacan as accións e programas a desenvolver para facilitar a emancipación destes rapaces cando acaden a maioría de idade, co obxectivo de que poidan acadar unha plena integración sociolaboral.