Pódese visitar o mosteiro de San Salvador de Lourenzá con guía

AMariñaXa
A partir destes días poderase visitar o mosteiro de San Salvador de Lourenzá cun guía e tamén o Museo de Arte Sacra.
1 visitas guiadas san salvador lourenza
19 Xul 2021

A partir destes días poderase visitar o mosteiro de San Salvador de Lourenzá cun guía. Así, as visitas poderán facerse os luns ás 12.00 e ás 17.00 horas gratuitamente, e os martes e venres ás 12.00 e ás 17.00 horas e os sábados ás 12.00 horas por 3 euros.

Para facer estas visitas haberá que reservar a través de lourenzaturismo@outlook.es ou nos teléfonos 982 121 006 ou 646 384 124.
Tamén será posible achegarse ao Museo de Arte Sacro para gozar das diferentes coleccións de ourivería, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria das que dispón.

O Museo de Arte Sacra ocupa a estancia da antiga biblioteca, da que se conservan algúns exemplares. Entre os seus fondos destacan pinturas en táboa sobre os milagres do Conde Santo e esculturas dos séculos XVII e XVIII.

visitas guiadas san salvador lourenza
0.19458889961243