PistaCatro e A Maga Fani achegan o ilusionismo e o circo a Trabada
O circo e o ilusionismo volven ser protagonistas no programa cultural deste verán no concello de Trabada. O xoves 15 de agosto os veciños e veciñas poderán gozar do espectáclo Enredos, abraios e vocábulos do país da man da Maga Fani. A función comezará a partir das 18.00 horas na praza do concello.
A profesional achega un xeito diferente de ollar, amosar e emocionar coa arte do encantamento grazas a súa ampla experiencia profesional no mundo da maxia. Promove así espectáculos máximos nos que se rompen os estereotipos racistas e que están guionizados baixo a igualdade.
O venres é a quenda da produtora PistaCatro que levará a cabo o seu espectáculo Un día no circo. A función comezará tamén ás 18.00 horas na praza do concello. Ambas funcións están promovidas polo Concello de Trabada e pola Xunta de Galicia.