Pilar Falcón presentará o seu libro 'Un Camino de Cine Xacobeo' en Mondoñedo
AMariñaXa
Este libro constitúe a máis extensa recompilación do filmado para a grande e pequena pantalla sobre o Camiño
1 sep 2024
Pilar Falcón presentará o seu libro Un Camino de Cine Xacobeo no seminario Santa Catalina de Mondoñedo. A cita será o vindeiro 5 de setembro a partir das 20.00 horas. Xunta á escritora estarán Luis Fernández, presidente da FEGAC; Fernando García, bispo de Mondoñedo e Manuel Otero, alcalde do municipio.
Este libro constitúe a máis extensa recompilación do filmado para a grande e pequena pantalla sobre o Camiño de Santiago. Pensado tamén para camiñantes, estudosos do Camiño e amantes do cinema, supón o recoñecemento do xénero Cinema Xacobeo a través de 50 títulos que inclúen películas, series de televisión e documentais.