Piden o arranxo inmediato de varias beirarrúas de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Piden o arranxo inmediato das beirarrúas das rúas Recarei e Irmáns Moreno Ulloa de Ribadeo xa que se atopan “desfeitas”.
20200722_125542(0)
19 Nov 2020

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Elena Sierra, esixe “o arranxo inmediato” das beirarrúas das rúas Recarei e Irmáns Moreno Ulloa de Ribadeo. A popular sinala que se atopan “desfeitas” e que, incluso, “fai pouco tempo provocaron a caída dunha señora que tivo que ser traslada ao hospital”.

“Fai xa tempo que vimos denunciando o mal estado das nosas rúas” porque “constitúen un perigo para os viandantes e prexudican ao sector servizos, que xa está a pasar por momentos complicados debido á crise da covid-19”. Ademais, “as infraestruturas descoidadas proxectan unha pésima imaxe de Ribadeo”. 

A popular considera que “non se pode permitir esta desidia por parte do goberno local do BNG” en relación ao “abandono” do mantemento das infraestruturas de titularidade municipal ao que agora se suma o mal estado destas beirarrúas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18002700805664