Piden nunha plataforma en liña unha praia canina na Mariña

AMariñaXa
Veciños da Mariña veñen de poñer en marcha unha petición na plataforma change.org para pedir unha praia canina na Mariña.
perros cans praia
11 May 2021

Veciños da Mariña veñen de poñer en marcha unha petición na plataforma change.org para pedir unha praia canina na Mariña lucense, xa que dispón dunha lonxitude de costa aproximada de 114 quilómetros e conta así mesmo dunha oferta aproximada de 70 areais dispoñibles.

"No ano 2017, o Concello de Barreiros delimitou a pequena cala de Punta Corveira como praia canina a efectos de que centos de lucenses e visitantes poidan gozar dunha xornada de praia acompañados das súas mascotas; coa confianza de non cometer infraccións ao acceder á praia cos seus cans", din dende a plataforma.

Esta praia ademais de ofrecer unha estupenda contorna natural tamén trae consigo unha serie de desvantaxes ou inconvenientes importantes a ter en conta xa que non é unha praia propiamente senón que é unha extensión do areal da praia de Lóngara. Dentro dos inconvintes atopanse o acceso escarpado que é perigoso, as paredes verticais de rocha debido a acción natural da erosión producen despredementos, cando hai marea alta o areal quédase en apenas 50 metros ademais de cortaarse a comunicación coa praia anexa, e con mareas vivas pode inundarse por completo. Non conta con servizos como duchas, aseos ou socorristas coa excepción dun pequeno aparcadoiro. E a escasa lonxitude do areal, especialmente en marea alta, implica que poucas persoas poidan permanecer na praia.

"A Praia de Penoural en Burela permite acceder ao areal con cans e está anexa ao espigón do Porto de Burela, e que tal como din nas últimas cinco tempadas obtivo unha clasificación sanitaria de insuficiente, en función dos controis do Sergas”, engaden.

Por iso solicitan habilitar unha praia canina segura, accesible e apta para todos os interesados na Mariña lucense, e para elo defende que existen "multitude de praias e areais con relativamente baixa afluencia de persoas ou cun espazo e extensión moito maior para o seu desfrute respectando a contorna natural, e que perfectamente poderían compaxinar o acceso e acompañamento de cans".

A praia de San Román Area-Grande no Vicedo, que ten aproximadamente 1 km. ofrece a posibilidade de acceder con cans, coa limitación de facelo entre outubro e abril segundo sinala un cartel situado na súa entrada.

Outros exemplos poden ser praias como: Praia de Lago, Morás, Pampillosa… entre outras moitas praias xa sexan portuarias ou grandes areais do litoral que polo xeral non se atopan masificadas e que contan con accesos máis seguros, servizos próximos e extensión suficiente e que poden ser candidatas moi válidas para converterse nunha praia canina de calidade.

Por iso "resulta incomprensible que, a día de hoxe, non contemos cunha praia en óptimas condicións para o goce cos nosos cans", recalcan dende a petición.

Para poder ser presentada a Fran Cajoto, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, e Pilar García Porto, responsable da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación, necesitan 2500 firmas.

GALICIA.

Noutros concellos de Galicia destacan a praia do Espiño no Grove, unha praia anexa ao Porto Deportivo de San Vicente do Mar; en Cabanas e Ares recentemente habilitáronse zonas caninas o que potenciou o turismo da zona.

Segundo o blogue especializado redcanina.es, as provincias de Pontevedra e A Coruña suman xa 9 praias caninas sexan completas ou delimitadas por zonas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17553782463074