Piden defender o topónimo oficial da ría de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ven de dirixirse a varias institucións para coñecer as pretensións de Asturias co topónimo oficial da ría de Ribadeo.
ria de ribadeo
16 Apr 2021

Desde que o pasado día 13 de abril se fixera público que o goberno do Estado comezaba a tramitar a solicitude do Principáu d’Asturies para que se oficialice o nome Ría del Eo, algo que vai contra a oficialidade do topónimo Ría de Ribadeo que é o nome historicamente empregado por habitantes galegos, asturianos e de calquera outra latitude e de igual xeito rexistrado en todo tipo de documentos históricos, o BNG anunciou o seu posicionamento diante deste proceso administrativo que agora se inicia e no que según o deputado Daniel Castro, “a Xunta de Galicia non pode quedar ausente na defensa da nosa toponimia e do nome que leva unindo a todas e todos desde hai xa séculos. E para iso o goberno galego pode empregar unha cantidade inxente de documentación e de argumentación histórica e lingüística, xa que podemos observar como xa se falaba de Ría de Ribadeo nas cartas do almirantado inglés do século XVII ou no Arquivo Xeral de Simancas do 1795. Estes últimos son só uns poucos exemplos que nos permiten ver a antigüidade do uso deste termo, mais tamén podemos acudir a razóns sociolingüísticas, debido a que o termo Ría de Ribadeo foi o único termo empregado na oralidade polos habitantes das dúas beiras da ría até que hai unhas poucas décadas se introduciu un debate imposto”

Castro recorda tamén que a propia Xunta de Galicia no 2008 xa se manifestou favorablemente  a respecto do uso do topónimo Ría de Ribadeo, e en consonancia cos datos e documentación histórica que avalan esta denominación presenta unha proposición non de lei para que o Parlamento galego inste á Xunta a  ter unha posición unánime e de país na defensa da nosa toponimia participando no proceso de alegacións iniciado polo goberno do Estado co obxectivo de que se manteña como único topónimo oficial o de “Ría de Ribadeo” para denominar o estuario que separa Galicia e Asturies.”

Pola súa banda, o Concello ven de dirixir escritos ao Instituto Geográfico Nacional, á Consellería de Cultura, á Real Academia Galega e á Subdelegación do Goberno en Lugo para coñecer as pretensións do Principado de Asturias co topónimo oficial da Ría de Ribadeo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18147087097168