Piden a dimisión de Tomé por comentarios machistas contra Candia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O PPdeG pide o cese do presidente da Deputación de Lugo por comentar a vestimenta da popular Elena Candia.
10 Abr 2021

O Partido Popular de Galicia solicitou a dimisión do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, "polos seus comentarios misóginos e inaceptables" á responsable provincial, Elena Candia, na súa resposta á concentración de alcaldes ás portas da Deputación.

O líder socialista da Deputación chanceouse da protesta asegurando que se tratou dunha "performance do Partido Popular Podemita". Durante esas declaración fixo referencia a Candia citando "a súa vestimenta e aspecto de leopardo" comprándoo co "vaqueiro americano que entrou no Capitolio de Estados Unidos".

Consideran por tanto que estas mofas "son unha mostra de machismo intolerable nun representante público", piden a súa dimisión e unhas desculpas públicas á presidenta dos populares en Lugo.

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, mostrou o seu apoio "absolutamente e incondicionalmente" a Elena Candia nun discruso ante a xunta directiva do PPdeG. Feijóo asegurou na súa intervención que "tes dereito a vestir como consideres oportuno". Ademais, confiou en que o PSOE se desculpe por "este ataque tan machista, fóra de lugar e con tan mal gusto" de Tomé.

0.11825799942017