Piden a cesión do salón de actos da Casa do Mar de Foz para a Escola de Música

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
En Foz, a Escola Municipal de Música é un centro cuxa matrícula non deixou de medrar a medida que foi ampliando os seus locais.
Captura de pantalla 2019 07 22 a las 12.03.09
22 sep 2020

En Foz, a Escola Municipal de Música é un centro cuxa matrícula non deixou de medrar a medida que foi ampliando os seus locais. O  portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, anuncia que “o Partido Popular acaba de  presentar unha moción de urxencia, para que se debata no Pleno que celebrará a  corporación municipal o próximo xoves, para solicitar ao Instituto Social de la Marina, dependente do Goberno central, a cesión do salón de actos da Casa do Mar para  seguir ampliando a Escola Municipal de Música Arcadio Mon”. 

Castiñeira sinala: “O anterior goberno municipal fixo xestións moi importantes, que  supuxeron un cambio substancial para a Escola de Música, como foi, primeiro,  trasladar o centro dos sotos nos que estaba do colexio número 1 á Casa do Mar; o  pouco tempo, solicitouse ao ISM a cesión dun local na primeira planta, de 70 metros  cadrados, que tamén foi moi importante para seguir avanzando na ampliación da  Escola de Música; recentemente a consellería de Política Social cedeu, grazas á  colaboración da Asociación Virxe do Carme de Foz, o local da planta baixa, de 200  metros cadrados, onde estaba anteriormente o antigo bar da casa do Mar. Así  ampliouse moito o espazo e servizos que pode dar a Escola Municipal de Música, o  que supuxo un aumento da matrícula”. 

O portavoz municipal do PP considera que “é necesario seguir ampliando a escola,  porque así o demandan o equipo directivo e os pais, e así o fixeron ver na comisión de  seguimento da escola”. Aclara que “a única posibilidade que hai agora é o salón de  actos, que está na primeira planta, e que non se usa; sería moito máis útil ao servizo da Escola Municipal de Música. Deste xeito se podería completar en gran parte a  transformación que iniciou o anterior goberno municipal”. Os populares esperan “que toda a corporación apoie esta proposta do PP para solicitar a cesión do salón de actos  da Casa do Mar de Foz para a Escola Municipal de Música Arcadio Mon”. 

0.19262099266052