Pico do Castro representa 'O terapeuta' en Foz

Foz
AMariñaXa
A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza para o vindeiro venres 14 de xaneiro un espectáculo teatral a cargo do grupo Pico do Castro.
9 Xan 2023

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza para o vindeiro venres 14 de xaneiro un espectáculo teatral a cargo do grupo Pico do Castro.

Nesta ocasión o grupo focego presentará a obra O Terapeuta, ás 19.30 horas no local da antiga báscula.

Esta obra trata sobre un consultorio psicolóxico e os diferentes personaxes. Un doutor con especialidade na psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que... ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia! Así as cousas, o doente irá pouco a pouco sacando ao doutor das súas casillas a pesar da súa paciencia. Neste senso, ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocresía, a soidade e a sexualidade.

0.18575811386108