Piantón, no municipio de Vegadeo, prepara a segunda edición do seu Mercado de Nadal

AMariñaXa
A Praza de San Esteban acollerá dous días de artesanía, obradoiros e ambiente festivo o 20 e 21 de decembro
ABEGONDO arreglos nadal
3 Dec 2025

O Concello de Vegadeo anuncia que Piantón volverá converterse nun dos puntos máis visitados da contorna durante as festas coa celebración do II Mercado de Nadal, que terá lugar os días 20 e 21 de decembro de 2025, en horario de 12:00 a 20:00 horas, na Praza de San Esteban.

Segundo explican desde a organización, esta cita pretende “encher as rúas de espírito festivo e ofrecer un espazo de encontro para veciñanza e visitantes”. O evento incluirá postos de artesanía, decoración e produtos propios do Nadal, ademais dunha completa programación de obradoiros infantís e para persoas adultas, así como outras propostas pensadas para desfrutar en familia.

O Mercado de Nadal de Piantón consolidouse como unha iniciativa que impulsa o comercio local e promove a participación social. A variedade de postos e actividades, unida ao ambiente tradicional que se crea na praza, fai que esta cita se converta nun dos atractivos do inverno no concello.

Desde o Concello destacan que “Piantón volve brillar no Nadal grazas ao esforzo das persoas participantes e á boa resposta da veciñanza, que acode cada ano con máis ilusión”. Engaden ademais que será unha oportunidade para descubrir traballos artesanais, compartir tempo en comunidade e gozar dun ambiente cálido e festivo.

A organización anima a toda a cidadanía a achegarse ao longo da fin de semana para gozar deste mercado que combina tradición, creatividade e espírito navideño.

⚙ Configurar cookies
0.075783014297485