Persoal de salvamento e socorrismo do Concello de Barreiros participou nunha formación

AMariñaXa
Concretamente, foi unha xornada de reforzo dos coñecementos sobre primeiros auxilios e soporte vital básico
primeiros-auxilios-Barreiros
19 Xul 2024

O persoal do servizo de salvamento e socorrismo do Concello de Barreiros participou nunha xornada de reforzo dos coñecementos sobre primeiros auxilios e soporte vital básico.

A alcaldesa, Ana Ermida, e a concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro, visitaron a aula na que se desenvolvía o taller e explicaron que “o curso foi contratado polo Concello de Barreiros co fin de refrescar e fixar os coñecementos que puideron ter adquirido na formación para as respectivas titulacións".

A rexedora manifestou o compromiso do Concello de Barreiros coa adquisición de coñecementos básicos en primeiros auxilios e o reforzo de certas técnicas que poden contribuír a salvar vidas no día a día.

Neste sentido, Montse Porteiro, lembrou que tamén se realizan este tipo de talleres para crianzas nas distintas actividades que se organizan desde o Concello, co fin de afianzar os coñecementos desde idades moi temperás.

A xornada, impartida por EMERGAL Ensino, non só refrescou os coñecementos, senón que contou cunha parte práctica na que o persoal puido aplicar as técnicas en reanimación cardiopulmonar e/ou atragantamentos; contando con moi boa valoración desde o propio persoal.

0.10406589508057