Pepe Otero presenta en Foz este sábado o seu novo libro

Foz
AMariñaXa
Intervirán Darío Villanueva, que foi director da Real Academia Española, e o escritor Ramón Reimunde, ademais do propio autor do libro
presentacion-libro-pepe-otero-foz
22 Oct 2025

A concelleira de Cultura de Foz, Inés López Couto, anuncia que o profesor Pepe Otero presentará este sábado, día 25 de outubro, o seu novo libro, titulado Un paseo polo labirinto. Será no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 12.30 horas.

Nesta presentación intervirán Darío Villanueva, que foi director da Real Academia Española, e o escritor Ramón Reimunde, ademais do propio autor do libro.

A recadación da venda deste exemplar será doada aos servizos sociais do Concello de Foz.

Colaboran nesta iniciativa as librerías locais Bahía, Ofifoz e Rapadoira.

⚙ Configurar cookies
0.088158130645752