Pensionistas convocan unha nova concentración en defensa da atención primaria

AMariñaXa
Pensionistas convocan unha nova concentracións en defensa da atención primaria. Será en Celeiro hoxe ás 12.00 horas
concentracion plataforma marina atencion primaria 1
8 Nov 2021

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) convoca novas concentracións en defensa dunha atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores, na liña dos actos de protesta que o sindicato protagonizou a finais de outubro

Esta será en Celeiro ás 12.00 horas diante da Xefatura Territorial da Consellaría do Mar e nela reclamarán a reversión dos recortes que lastraron durante os últimos anos "a principal porta de acceso á sanidade pública" e esixen medidas para que sexa máis accesible para as persoas maiores, "que non sempre teñen medios ou capacidades para as xestións telemáticas".

Entre outras medidas, a FPX-CCOO pide o aumento do orzamento destinado á sanidade pública, paralizar o peche de centros e a reapertura dos que foron pechados, recuperar a accesibilidade e a atención presencial, restablecer a capacidade dos centros de saúde (respectando os protocolos covid) ou reforzar a atención primaria con novas categorías profesionais para descargar a medicina de familia.

No marco desta nova xeira de concentracións xa houbo unha protesta o pasado xoves, día 4, en Vigo. Para a semana que vén están previstas concentracións os días 8 e 9 de novembro noutras cidades e vilas galegas, conforme o calendario que se indica a seguir:

0.24055886268616