Pensamento e Sementeira pon en marcha unha ruta para coñecer as herbas de San Xoán

AMariñaXa
A ruta sairá da Praza Maior e camiñarase pola beira da Ría de Viveiro, enlazando co Paseo de Portochao
herbas_de_san_xoan
Cartel da cita
18 Xuño 2024

Dende o Colectivo Pensamento e Sementeira promoven a Ruta das Herbas de San Xoán a través dun percorrido de 6 quilómetros aproximadamente da man de Prato_do, que explicará a econoloxía do concello durante eses quilómetros compartidos pola natureza.

A ruta sairá da Praza Maior o día 22 de xuño ás 10.30 e camiñarase pola beira da Ría de Viveiro, enlazando co Paseo de Portochao. Á altura do hórreo da Xunqueira desviaranse á ruta dos Muíños, que enlazan co Camiño Real e rematando co regreso á Praza Maior pola porta do Valado. A dificultade da ruta é considerada media/baixa.

É necesaria a inscrición a través do https://forms.gle/zmYTG6NNBu9K92zcA. Todas aquelas persoas que participen na actividade teñen que levar un cesto ou bolsa onde poder gardar as herbas durante a ruta.

0.14087200164795