Pensamento e Sementeira inaugura unha mostra polo Día do Orgullo en Viveiro
AMariñaXa
Está composta por trece paneis expositivos arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia
28 Xuño 2024
O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza a exposición Tomorrow Night Stonewall. Unha ollada á primeira manifestación do Orgullo en Galicia, en conmemoración do Día do Orgullo. A mostra, que conta coa colaboración do Concello, está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia, en Vigo no ano 1981.
A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro desde este venres, 28 de xuño, no horario de apertura do edificio (de luns a venres de 8.00 a 15.00). Permanecerá aberta ata o próximo 12 de xullo.