Pedro Blanco destaca na Pontenova as axudas do Goberno central para a mellora da eficiencia enerxética

AMariñaXa
Dende o Concello da Pontenova informaron de que nos vindeiros días comezarán as obras do Centro de Atención a Maiores
Pedro Blanco destaca na Pontenova a concesión de axudas do Goberno
20 Nov 2023

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, subliñou na Pontenova a aposta do Goberno de Pedro Sánchez pola mellora dos servizos municipais con máis de 47 millóns euros para acondicionar e mellorar a eficiencia enerxética de edificios públicos a través do Programa PIREP. Na segunda convocatoria para optar a estes fondos incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, adxudicáronse máis de 20 millóns de euros a 13 concellos galegos, que se suman aos 34 beneficiados na primeira liña.

“Os fondos do Goberno seguen chegando aos concellos, proba da nosa vontade e compromiso co municipalismo a través da rehabilitación de edificios de titularidade municipal e a mellora da eficiencia enerxética”, explicou o delegado, poñendo como exemplo o concello da Pontenova, “ao que se lle adxudicaron máis de 300.000 euros para acondicionar as oficinas municipais e reducir un 35% o consumo de enerxía coa aposta pola eficiencia enerxética”.

Pedro Blanco e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantiveron unha reunión co alcalde, Darío Campos, tras a que anunciaron a licitación do proxecto beneficiario da primeira liña do PIREP para a Casa do Concello. “Grazas ao traballo conxunto de concellos e Goberno avanzamos na posta en marcha de actuacións que redundan positivamente na cidadanía, coa mirada posta na redución do consumo e a sustentabilidade medioambiental ou a accesibilidade dos edificios”. Nesa liña, lembrou que estes proxectos “contribúen a modernizar os concellos de pobos e cidades galegas adaptando a prestación dos servizos municipais, pero tamén axudan á dinamización social e cultural, pois moitos dos proxectos seleccionados rehabilitarán mercados, polideportivos, centros sociais, casas da cultura, auditorios ou escolas”.

PIREP A Pontenova

Concretamente, as actuacións do proxecto licitado consistiran na mellora do illamento térmico da fachada cun panel ríxido de polistireno expandido, a renovación da carpintería exterior, a substitución das luminarias existentes de todas as plantas por lámpadas LED de baixo consumo, a instalación dunha nova caldeira para a calefacción, así como o repintado de todas as estancias e renovación das baixantes e dos canlóns exteriores.

Estas obras axudarán a mellorar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, garantindo a redución de máis do 35% do consumo de enerxía primaria non renovable, a accesibilidade, a habitabilidade e a conservación deste edificio público municipal.

0.16544198989868