Pedirán a apertura da oficina de Correos de Foz os sábados

Foz
AMariñaXa
O Pleno de Foz aprobou a moción do BNG na que se instaba ao Goberno a ampliar os servizos que se prestan na oficina de Correos da localidade.
oficina correos foz
27 Feb 2021

O Pleno de Foz aprobou a moción do BNG na que se instaba ao Goberno a ampliar os servizos que se prestan na oficina de Correos da localidade. En concreto, reclamarán ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que amplíe o persoal e a apertura da oficina os sábados.

As oficinas de Correos actualmente permanece pechadas os sábados tamén a de Foz, "por moito que na oficina e na web de correos figura a apertura en horario de sábado. Isto provoca numerosos inconvintes a moitos usuarios que só poden realizar os trámites de servizo público os sábados", explicaban na moción.

Asegura Xavier Fanego, o voceiro nacionalista, que "os traballadores da empresa levan denunciando anos a carencia de persoal en todos os servizos que presta tanto de oficina, reparto como clasificación", indican.

Afirman que está operativo o persoal "estrictamente imprescindible" para a prestación do servizo público, "e deixanse de prestar outros servizos encomendados dende a vaga privatizadora na que se viu inmersa nos últimos anos".

0.11626482009888