Pechan o acceso ao Fuciño do Porco por uns desprendementos
AMariñaXa
O Concello do Vicedo ten pechado ata novo aviso o paso ao Fuciño do Porco por mor de obras de reparación debido a uns desprendementos.
17 Mar 2021
O Concello do Vicedo ten pechado ata novo aviso o paso ao Fuciño do Porco debido a razóns de seguridade por mor de obras de reparación que se teñen que realizar debido a uns desprendementos.
As obras que se están a realizar están ao cargo da empresa Caferlo e foro encargadas entre o Concello do Vicedo e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, á que pertence a baliza situada na punta do istmo.
As obras consiste na reparación da escaleira da entrada e da contorna, onde tamén rompeu a baranda de protección. De feito estudan a posibilidade de cambiar a a escaleira de sitio para evitar os danos que se producen case todos os anos, xa que cede o terreo habitualmente.