Pechado o ascensor panorámico de Ribadeo por unha importante avaría

AMariñaXa
O Concello concertou un préstamo de 900.000 euros para afrontar as obras de modernización do Hospital Asilo
concello ribadeo
5 Sep 2023

O ascensor panorámico de Ribadeo está pechado debido a unha importante avaría. O Concello tentará que volva funcionar o antes posible.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “moitos veciños e visitantes que estes días quixeron usar o ascensor atopáronse con el pechado. O motivo desta situación é unha avaría importante e o seu uso supón un risco considerable”.

A edil ribadense dixo que “xa desde o inicio do verán detectamos en varias ocasións diversas avarías, debidas á falta de mantemento durante anos, que se foron subsanando na medida do posible, pero sempre con certo medo e temor a vernos na obriga de ter que péchalo”.

Saiz explicou que “nesta ocasión estamos a falar dunha avaría moito máis complicada, trátase da rotura dun cable, debido ao uso e tamén a esa falta de mantemento á que aludía con anterioridade. Así que non nos quedou máis remedio que pechalo por seguridade”.

A concelleira de Turismo subliñou que “agora estamos a avaliar os danos, analizaremos a situación e farase un presuposto. E desde o Concello de Ribadeo intentaremos resolver este problema o antes posible para que o ascensor poida volver a funcionar con normalidade”.

E engadiu: “pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar, pero a situación do ascensor é a que é e a seguridade é o primeiro”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14468717575073