Pecha a hostalaría en Viveiro e suspéndese toda a actividade non esencial

TerraChaXa | AMariñaXa
O Sergas anunciou hoxe unha medida drástica para Viveiro debido á súa incidencia acumulada que pasou de 1.
presentacion festa malla meira
19 Xan 2021

O Sergas anunciou hoxe unha medida drástica para Viveiro debido á súa incidencia acumulada que pasou de 1.034 a 1.681 a catorce días no prazo dunha semana. O conselleiro, Julio García Comesaña, pediu un esforzo adicional á poboación de Viveiro, xa que se pechará completamente a hostalaría e se suspenderá toda a actividade non esencial.

Pechará por tanto a hostalería complemente aínda que estes poderán prestar o servizo de recollida e entrega a domicilio. Tamén pecharán ximansios, locais de xogo, toda actividade cultural e social, tanto en interior como en exterior, e as bibliotecas. Estas medidas entran en vigor a noite do mércores ao xoves.

A vila mariñá recibe esta nova o día no que rebaixa a súa incidencia por primeira vez en moitos días aínda que o fai lentamente xa que baixa catro casos ata os 267.

Xunto a Viveiro, Xove tamén baixa o número de casos a 107, catro menos que onte, mentres no Vicedo advírtese un máis nesta xornada na que entra en estado de máxima restrición con 21 casos. Cervo tamén baixa 1 e queda en 21 e Burela apunta un novo caso e xa son 48. Tamén lle toca subir de novo a Ribadeo con dous casos máis e chega a 20 e Foz entre atención con 11 positivos. Outro concello que sobe dos dez casos é Ourol.

O resto de concellos mariñaos teñen baixa a incidencia e Lourenzá e Trabada son os únicos concellos sen contaxios de covid na última quincena.

A PROVINCIA

A covid-19 non para de aumentar e segue sumando casos de forma ininterrompida. Este martes son 1.210, 64 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 48). Rexistráronse neste tempo 86 contaxios novos (onte foron 82) mentres que as altas chegaron ás 7.090, 36 máis que o luns (o día anterior foron 55). Así, a evolución da covid non acelera pero crece de forma constante xa que os casos novos rondan dende hai varios días os 80 diarios.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.459 casos rexistrados e 152 persoas falecidas, nas que non se integran os casos de residentes de centros de maiores que faleceron noutras provincias tras ser trasladados.

Ademais, a boa nova de hoxe é a baixada da presión hospitalaria. A UCI do Hula acolle 7 pacientes, os mesmos que onte, e rexistráronse catro altas hospitalarias repartidas entre o hospital de Lugo e o da Mariña, que teñen agora mesmo 17 ingresados cada un. No de Monforte hai 5.

Na Terra Chá Vilalba segue co seu goteo de contaxios novos mentres A Pastoriza controla o seu gromo estabilizándose. No sur, Monforte e Sarria seguen subindo descontrolados agora mesmo con 57 e 42 contaxios, respectivamente, mentres Chantada baixa a 28 e Bóveda suma ata 11. No centro, Lugo sitúase nos 164 casos e destacan os 10 de Láncara e os 15 de Palas de Rei.

presentacion festa malla meira
0.14152979850769