Pasada das Cabras de Burela organiza unha nova ruta
AMariñaXa
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 12 de xuño de 7 quilómetros.
11 Jun 2021
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 12 de xuño de 7 quilómetros por Santo Tomé de Recaré no Valadouro.
A saída será ás 10.00 horas da Estación de Autobuses de Burela e non fai falla anotarse para este roteiro. Cada un terá que levar o seu almorzo xa que se comerá na propia ruta ao aire libre.