Pasada das Cabras de Burela organiza unha nova ruta pola Lagoa de Cospeito
AMariñaXa
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 16 de outubro de 10 quilómetros
13 Out 2021
A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 16 de outubro de 10 quilómetros pola Lagoa de Cospeito.
A saída será ás 9.30 horas da Estación de Autobuses de Burela e non fai falla anotarse para este roteiro. Dende a organización lembran que cada quen levará o seu propio vehículo e "se alguén non o pode levar repartiranse os asentos".
É unha ruta moi recomendada para os nenos e cada un terá que levar o seu almorzo xa que se comerá na propia ruta ao aire libre.