Pasada das Cabras de Burela organiza un roteiro por Foces de río Pino en Asturias

AMariñaXa
Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 9 de xullo. Será de 8 quilómetros por Foces de El Pino
Foces de El Pino   Foces de Ruayer
4 Xul 2022

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 9 de xullo. Este roteiro será de 8 quilómetros e percorrerá o monumento natural de las Foces de río Pino en Felechosa, Asturias.

É unha ruta na que recomendan levar bastón e calzado axeitado ademais de respetar en todo momento á natureza e as normas sanitarias vixentes.

A saída será ás 7.30 horas da Estación de Autobuses de Burela e é necesario anotarse para este roteiro en Gráficas Arfe ou chamando aos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194 antes do 7 de xullo.

Dende a organización lembran que é imprescindible anotarse para participar e o prezo da ruta é de 25 euros para socios e 30 para os que non o sexan, e inclúe o autobús, o almorzo e o seguro.

0.11586999893188