Pasada das Cabras de Burela organiza un roteiro pola fervenza do Belelle
AMariñaXa
Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 9 de abril. Será de 8 quilómetros e pasará pola fervenza do Belelle en Neda.
3 Apr 2022
A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta para o 9 de abril. Este roteiro será de 8 quilómetros e pasará pola fervenza do Belelle en Neda.
É unha ruta na que recomendan levar bastón e calzado axeitado ademais de respetar en todo momento á natureza e as normas sanitarias vixentes.
A saída será ás 8.30 horas da Estación de Autobuses de Burela e é necesario anotarse para este roteiro en Gráficas Arfe ou chamando aos teléfonos 982 580 504 e 657 821 194.
Dende a organización lembran que é imprescindible anotarse para participar e o prezo da ruta é de 25 euros para socios e 30 para os que non o sexan, e inclúe o autobús, o almorzo e o seguro.